Sobre Agarimo
Quen somos
Somos a presenza en Galicia da Congregación Amigonianos (tamén denominada Terciarios Capuchinos) fundada no ano 1889 por Luis Amigó e que chega a terras galegas xusto no seu centenario, no ano 1989.
Centrámonos na protección da infancia, a adolescencia e a intervención social coas súas familias en risco de exclusión.
Nosa traxectoria
A nosa presenza en Galicia, está vinculada coa Asociación Agarimo, entidade fundada polo P. Nemesio Villa nos anos 70 e fortemente comprometida cos sectores máis precarios e marxinais da sociedade coruñesa de finais do século XX. Comezou a súa andaina traballando no asentamento chabolista O Portiño finalizando coa fundación da Ciudad de los Muchachos Agarimo.
A colaboración entre Agarimo e os Amigonianos materialízase cando, en 1989, asínase o primeiro convenio de colaboración para que os Amigonianos asuma a xestión do centro de menores Ciudad de los Muchachos, en Arteixo.
Desde 1989 co noso traballo na Ciudad de los Muchachos Agarimo en Arteixo ofrecemos a máis de 400 nenos, nenas e adolescentes a súa acción educativa, calidez e proximidade, e acompañamos a máis de duascentas familias da Coruña e municipios próximos nos momentos máis difíciles das súas historias, cando a separación dos seus fillos e fillas lles fixo sentir máis vulnerables.
Nos últimos 10 anos, o noso traballo centrouse en familias especialmente en grave risco ou severa exclusión social, procedentes en moitos casos do proceso de realoxo do asentamento chabolista de Penamoa a finais do ano 2007.
Froito da experiencia adquirida durante estes anos, así como da detección de novas problemáticas cuxo abordaxe require protocolos específicos, en 2018 nacen os proxectos de intervención social na Coruña. Unha aposta da nosa entidade por reforzar o traballo coas persoas en risco de exclusión social.
Misión
- Contribuímos á transformación social e individual das persoas.
- Defendemos os dereitos humanos e da infancia desenvolvendo o noso traballo mediante a intervención socioeducativa e psicosocial.
- Actuamos especialmente coa infancia e a mocidade, xunto ás súas familias.

Principios
- O respecto á dignidade humana e o compromiso coa defensa dos seus dereito
- A promoción da inclusión social na infancia e a mocidade.
- A Intervención socioeducativa centrada na persoa e expresada en:
- O respecto á liberdade e fomento da responsabilidade.
- A atención educativa personalizada, gradual, progresiva, que busca promover o desenvolvemento integral.
- Escoita activa e promoción da participación, en tanto que a persoa é a protagonista de todo proceso educativo.
- A convicción nas potencialidades de cada persoa para superar as dificultades que vai atopando na súa vida e a perseveranza para acompañala no seu proceso de transformación.
Valores
Este enfoque materialízase, á súa vez, nos VALORES que guían os proxectos e as accións que despregamos. Entre estes valores atópanse:
Cercanía
Presenza dispoñible en todo momento por parte dos/as profesionais, xeradora de seguridade para os/as menores e as súas familias.
Liberdade e responsabilidade
Acompañamento activo que facilita ferramentas aos/as menores e as súas familias para tomar decisións personalizadas e con criterios válidos, asimilando deberes e aceptando responsabilidades de maneira progresiva.
Solidariedade
Coas persoas máis desfavorecidas e vulnerables, co fin de promover a súa inclusión e participación activa na sociedade.
Espírito de familia
Naturalidade no trato xerando confianza e agarimo.
Sentido de pertenza: Sentimento de formar parte do proxecto máis aló de aspectos formais que favorece que senta o grupo como algo propio.
Profesionalidade
A calidade técnica e ética fundamentada no noso compromiso coa transformación persoal e social da infancia e a mocidade vulnerable.
Transparencia
No que facemos como reflexo do noso respecto á confianza depositada polas institucións e a sociedade no noso traballo.
Como o facemos
pedagoxía amigoniana é a nosa metodoloxía de intervención socioeducativa e psicosocial, coa cal buscamos contribuír ao desenvolvemento integral das persoas coas que traballamos.
Características
- Un proceso gradual e progresivo, xa que cada paso facilita o seguinte.
- Un proceso integral, que vincula á persoa como a unidade de todas as súas dimensións: física, psíquica, transcendente, social, familiar…
- Un proceso activo, no que a persoa é a protagonista, é quen constrúe.
- Un proceso natural, que se identifica coa vida real.
En coherencia coa misión, nos centros socioeducativos dos Amigonianos, contamos cunha Política de Protección de la Infancia y la Adolescencia propia, como instrumento inspirado na defensa e promoción dos dereitos do neno e da nena.
Onde
estamos
Proxectos de intervención social
- Enderezo: Calle San Rosendo 11, 2º. 15007 A Coruña
- Teléfonos: (+34) 981.461.261 / 679 544 820
- Email: andaina@amigonianos.org
Centro de día AGARIMO – Ciudad de los Muchachos
- Enderezo: Calle Padre Villa 30. 15142 Arteixo (A Coruña)
- Teléfonos: (+34) 649.160.272 / 981.600.555
- Email: tcagarimo@amigonianos.org
O noso
compromiso
En Amigonianos Galicia estamos comprometidos coa calidade e mellora continua dos nosos proxectos. Esta mellora ponse en relevo en:
Obxectivos anuais
Establecemos obxectivos e indicadores anuais que nos permiten mellorar a nosa intervención cos e as menores, familias e equipo técnico.
Xestión de calidade
Temos implantado un Sistema de Xestión de calidade conforme á norma ISO 9001:2015, certificados actualmente por BUREAU VERITAS.
Grao de satisfacción
Medimos o grao de satisfacción das persoas atendidas dos nosos servizos mediante diferentes ferramentas de sistematización.
Innovación
Innovación de infraestruturas, inmobles e equipamentos.
Compromiso
Existe un compromiso do equipo profesional en formación continua e actualización.
Igualdade
Contamos cun Plan de Igualdade, somos unha entidade comprometida coa equidade de trato entre homes e mulleres